Preferente: Importante primeira vitoria da SD Sofán

11 do Sofan no Carral set 2023
11 do Sofan no Carral

Importantísima primeira vitoria da SD Sofán nesta campaña. Tras deixar escapar varias vitorias, o equipo de Pablo Torreira foi quen de adiantarse por dúas veces e deixar os puntos da casa, evitando así caer en postos de descenso.

Sofán - As Pontes (2-1)

  • Sofán: Brais, Iván, Alexandre, Noe, Aarón, Fita, Currás, Braian, Fabián, Bandera, Javi Souto. Tamén: Gardu, Raúl, Taibo, Marcos, Luca, Brais Cancela, Alex Gallego.
  • Goles: 1-0, m.42: Braian de cabeza; 1-1, m.57: Rubén Rivera; 2-1, m.86: Marcos Montero.

Arrincaba o choque no Carral de poder a poder, cos dous equipos intentando mandar. Pero eran os locais os que máis apretaban cunha boa ocasión Iván Martínez nun córner botado por Bandera, e outra nunha xogada combinativa na que Javi quedou diante do porteiro pero mandou alto. A partir do m.15 igualouse o choque, as Pontes con xogo directo, mesmo mandaba disparo ao longueiro

Facía dano, sobre todo a balón parado, o Sofán e era Braian o que abría o marcador ao fío do descanso.

Arrincaba a segunda metade e o equipo visitante igualaba o partido. Pero o Sofán estaba sendo mellor, e percutía e percutía, con ocasións claras como as de Noé ou Braian, cun bo lanzamento dende a frontal que saíu lambendo o pau. Pero non foi ata os últimos minutos cando Marcos Montero, aproveitando un rexeite do porteiro a un tiro de Javi Souto, acadaría o gol da vitoria. A partir dese gol, co equipo visitante envorcado, as ocasións foron dos locais pero non conseguiron sentenciar a pesar das chegadas de Javi Souto ou de Montero, que deixou un pase da morte que a piques estivo de marcar Taibo.

“Por fin chegou a recompensa dos 3 puntos para un equipo que o merecía polo seu xogo e por como está a adestrar e a pensar xa no seguinte partido”, valora Torreira.

 

Novas relacionadas

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO