Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: Sen ocasións, sen sorte... e sen vitorias.

Fisterra - Paiosaco (Gabi da Anchoa)
Fisterra - Paiosaco (Gabi da Anchoa)
Preferente: Sen ocasións, sen sorte... e sen vitorias.

Fisterra 0 – 1 Paiosaco

Fisterra: Bouzi; Lobelos (Colombia, 46’), Breixo (Dani, 72’), Aarón López, Pablo Vigo; Cea, Cespón; Richi (Diego Estévez, 62), Julián, Capelo (Vía Rápida, 84’); Adrián Makaay.

Paiosaco: Rama; Ventola, Casariego (Rodri, 74’), Miguel Dias, Eiroa (Tani, 58’); Moure, Martín López, Juanma (Josito, 80’); Cristian, Pablo e Iván Amor.

Gol: 0-1, 69’: Moure

Difícil semana a que viviu o Fisterra logo do susto protagonizado por Ezequiel á semana pasada na Puebla, ao que lle querían dedicar unha vitoria no derbi ante o Paiosaco. Pero non puido ser porque os visitantes executaron á perfección o plan de partido que debían facer, concedendo moi pouco aos verdes e facéndose moi fortes no mediocampo.

Así, foi un encontro no que non se viron grandes ocasións para ningún dos bandos, no que nin Bouzi nin Rama tiveron demasiado traballo. Un partido deses que se decide nun detalle, como se di normalmente. E vaia detalle. Tivo que ser o único fisterrán que vestía de vermello, Moure, o que desequilibrase o partido a vinte minutos do final cunha xogada persoal que arrincou do medio do campo e que rematou coa pelota nas redes locais. O intentaron entón os de Juan Purrúa con toda a artillería, pero nin así foron quen de meter en grandes problemas á defensa visitante.

Xallas 1 – 2 Puebla

Xallas: Coke; Xan, Caneda (Luis, 88’), Diego, Aitor; Erre, Josito, Doro; Colón, Juan de Selia e Stefan (Carlos Rieiro, 37’).

Gol: 1-0, 30’: Juan de Selia / 1-1, 48’: Xabi, de penalti / 1-2, 91’: Mauro.

Partido semellante ao do Arasolis o que se viviu na Fontenla, onde o Xallas segue a ser demasiado penalizado ante calquera mínimo revés. E iso que hoxe a película parecía ben diferente, conseguindo adiantarse por medio de Juan de Selia nunha primeira parte na que ambos conxuntos se repartiron o control da posesión, pero na que non se crearon grandes oportunidades.

Pero xusto ao volver do descanso, un penalti protestado polos locais devolvía a igualada ao marcador, que non se movería ata os últimos minutos nun guión moi parecido ao dos primeiros 45 minutos. Non obstante, o partido volveuse tolo nos últimos cinco minutos onde os dous equipos comezaron a intentar aproveitar rápidas transaccións ofensivas. E nunha desas, acertaron os visitantes, que levaron a vitoria no desconto.

Comentarios