Preferente: O Sofán pode con todo un #CopadoRei

Fotos da SD

O vindeiro 31 de outubro o San Tirso disputará a primeira eliminatoria da Copa do Rei ante todo un Español en Riazor. Pero antes pasou tivo que sufrir o Carral en carne propia, e marchou sen premio.

Cuarta vitoria consecutuva Tres puntos que lle serven aos de Pablo Torreira para afianzarse na zona alta da táboa, nunha máis que meritoria 4ª posición, na loita pola promoción, aínda lonxe dun At. Montañeros que parece decidido a copar o ascenso directo.

Sofán - San Tirso (1-0)

  • Sofán: Gardu; Alexandre, Iván, Álex Sánchez, Dani García; Iván Parafita, Fabián; Martín, Marcos Montero, Braian e Eloy.
  • Gol: 1-0, m.46: Martín tras unha parede con Fita.

Un partido moi emocionante e moi igualado, ante un equipazo como o San Tirso, que podía facer moito dano no Carral ao ter un campo semellante. Os visitantes tiveron algunha ocasións na primeira metade, pero tamén Iván tivo un remate claro nun córner e Alexandre tras combinar con Martín a piques estivo de bater ao meta rival; ou mesmo Braian tivo outro remate.

Nada máis saír dos vestiarios abría o marcador cunha fermosa xogada de Martín e Fita. E a partir de aí o traballo defensivo dos de Pablo Torreira fixo o resto, e sen sufrir demasiado, a pesar das embestidas, quedou cos tres puntos ante un equipazo.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info