Preferente: O Sofán xa se cola na zona noble
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Ata a 5ª praza da Preferente sobe o cadro de Pablo Torreira trala disputa da 6ª xornada. Os carballeses superaron en todas as facetas ao Negreira sumando a súa terceira vitoria consecutiva.
Negreira - Sofán (2-3)
- Sofán: Brais; Alexandre, Iván, Álex Sánchez, Dani García; Iván Parafita, Fabián (C); Martín, Marcos Montero, Braian e Eloy.
- Goles: 1-0, m.23: Alberto Freire de penalti; 1-1, m.44: Marcos Montero a centro de Dani García; 1-2, m.54: Braian define no man a man tras un balón en diagonal de Iván; 1-3, m.88: Juanjo Díaz tras unha xogada por banda do recén fichado Javi.
Primiera metade igualada, controlada poo cadro de Pablo Torreira a base de balón. Pero nunha xogada illada, unha man de Sánchez foi considerada penalti e lle valeu ao cadro local para poñerse por diante. Tras moitos minutos sen ocasións claras, os visitantes empatarían ao fío do descanso.
A segunda foi de dominio total por parte do cadro bergantiñán. Pronto se metían por diante, e xa con espazos chegaron múltiples ocasións, sobre todo da man de Martín, que fixo un partidazo pero lle faltou acerto cara gol. Fita tamén a tivo e non foi ata o m.88 cando puido sentenciar o cadro carballés.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.