Preferente: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre
Enfrontábanse os dous equipos costeiros nesta 7ª xornada da Preferente a dous equipos da zona baixa. O Sofán recibía no Carral ao Sigüeiro, un equipo con menos puntos na táboa dos que merece, e conseguía ser eficaz e sumar 3 puntos que deixa aos de Pablo Torreira nunha máis que cómoda 4ª praza.
Pola contra, o Dumbría non foi quen de pelexar polos puntos en Miño, e baixa ata a 10ª praza.
Sofán - Sigüeiro (3-0)
- Sofán: Gardu, Javi, Dani, Alex Sánchez, Dani Pena, Pablo Parafita, Fabián, Izan, Marcos, Iván Pardo, e Julián. Tamén: Brais, Alexandre, Isma, Joel e Hugo Pastoriza.
- Goles: 1-0, m.20: Julián tras un roubo de Marcos; 2-0, m.51: Dani Pena de cabeza tras unha xogada con Marcos; 3-0, m.55: Marcos dende a frontal tras un pase de Dani Pena.
Boa vitoria dos carballeses, tras unha sólida primeira metade, controlando moi ben ao rival, adiantándose por medio de Julián e tendo varias ocasións por banda, e unha clara de Izan para aumentar a renda. Pero tamén os visitantes avisaban antes do descanso.
Tirou de eficacia o cadro de Torreira na segunda metade, e en dúas chegadas case consecutivas, Dani Pena e Marcos Montero selaron o partido.
A partir de aí houbo unha desconexión no cadro local e o Sigüeiro puido recurtar, pero o longueiro e Gardu evitaron que a vitoria correse perigo.
Miño - Dumbría (4-0)
- Dumbría: Anxo, Aarón, Iago, Berto, Jano, Juan, Mario, Toni, Lucas Toba, Xabi Castro, Diego Estévez. Tamén: Isma, Mataso, Alex Marcote, Pablo Costa Carabel, Adrián Periscal e Íker.
- Goles: 1-0, m.34: Pedro Carpente; 2-0, m.44: Rubén Lozano; 3-0, m.54: Pedro Carpente de penalti; 4-0, m.83: Hugo Mato.
Mal partido dos dumbrieses, que estaban sendo inferiores e que ademais pagaron dous erros individuais no último treito da primeira para marchar 0-2 ao descanso.
Arriscaron algo ao comezar a segunda os de Pablo Conde, pero nunha contra, penalti e expulsión de Jano… Os outros 35 minutos sobraron.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.6: En posición noble.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.4: Suma e segue.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.