Preferente: En posición noble

5º e 6º volven colocarse Sofán e Dumbría despois da 6ª xornada, e tras colleitar bos resultados fóra da casa. O cadro de Pablo Torreira sumou un empate ante un Cidade de Ribeira que aínda non está no seu mellor momento, mentres que o Dumbría sumou un vitorión no campo dun O Val que viña por riba dos de Pablo Conde.
Cidade de Ribeira - Sofán (1-1)
- Sofán: Brais, Javichu, Dani García, Alex Sánchez, Iraitz, Izan, Xandre, Julián, Fabián, Marcos Montero, Iván Pardo. Tamén: Gardu, Dani Pena, Dani Rod., Isma Rod. e Isma Ramos.
- Goles: 1-0, m.15: Viturro; 1-1, m.89: Xandre de penalti.
Foi de menos a máis o cadro de Pablo Torreira na Fieiteira para sumar un punto sobre a bocina. Non estiveron ben os carballeses na primeira e foi Viturro o que adiantou aos ribeirenses ao cuarto de hora. Reaccionaban os visitantes e Juli, Javichu e Marcos avisaban, pero sen acerto gracias a varias paradas do meta local.
A segunda foi de dominio bergantiñán, cun Ribeura que non pasou do medio campo, e tendo moitas ocasións, con perigo pola esquerda coa chegadas de Julián e Pena. Izan vía como lle anulaban un gol antes de que Pena provocase un penalti que transformou Xandre nun punto. Aínda pelexou no treito final o cadro vermello buscar a vitoria pero o segundo non deu chegado.
SD O Val - Dumbría (1-3)
- Dumbría: Anxo, Berto, Breixo, Aarón, Adrián Periscal, Iago Insual, Juan, Lucas Toba, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa, Pablo Ramos, Javi Douto e Iker.
- Goles: 0-1, m.3: Breixo; 0-2, m.21: Diego Estévez; 0-3, m.54: Xabi Castro; 1-3, m.95: Beade de penalti.
Recuperouse moi ben do mal partido na casa o equipo de Pablo Conde e saíron moi ben dende o comezo, tendo a sorte de marcar pronto tras un córner. Aguantaron o tiron local, e seguiron dominando facendo o segundo por medio de Estévez, que xa suma 3. O último cuarto de hora da primeira si que foi de dominio ferrolán, ante un Dumbría algo desordenado, pero sen sufrir grandes ocasións. O terceiro aos 10 da segunda deixaron practicamente o partido decidido nunha mañá de calor que foi provocando que o ritmo baixase na última media hora.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.