Martes. 07.12.2021
El tiempo

Preferente: Suxeitos á Lei de Murphy

Fisterra - Dubra
Fisterra - Dubra
Preferente: Suxeitos á Lei de Murphy

"Se algo malo pode pasar, pasará" vén a dicir a lei de Murphy, que se está a convertir nun bo titular para os dous últimos partidos do Fisterra e para a tempada en xeral do Xallas. Os da fin do mundo volveron a sufrir lesións importantes e non conseguiron á vitoria pese a crear máis ocasións que un tímido Dubra. E os de Santa Comba caeron contra un O Pino que volveu a levar demasiado premio dun partido no que foi dominado, como xa fixera a semana pasada.

SD Fisterra 1 – 1 Dubra

SD Fisterra: Bouzi; Lobelos, Breixo, Aarón Fernández (Andrés Vigo, 9’), Pablo Vigo; Diego Cespón, Ezequiel (Makaay, 62’), Dani Yerva (Richi, 46’); Julián, Capelo (Vía Rápida, 46’) e Diego Estévez.

Dubra: Minibugy; Vila, David Noya, Darío Gontán, Dani Pena, Dani Moto, Martín Vieites, Martín García, Álvaro, Miguel e Baliño. Tamén xogaron: Vilariño, Paramá, Javi, Lucas e San Juan.

Goles: 0-1, 76’: Martín García / 1-1, 89’: Diego Estévez.

Aarón Lobelos tivo que exercer de lateral dereito

Despois de nove puntos en tres xornadas, parece que botou o freo de man un Fisterra que está a sufrir máis lesións das que se podían imaxinar neste comezo de liga. Aínda así, as sensacións destes dous últimos encontros seguen a gustar na fin do mundo, xa que aínda non foron inferiores en ningún partido. Ante o Dubra, o comezo non puido ser peor debido a lesión de Aarón Fernández, un dos mellores centrais da categoría. Sen el e sen Cea, o Fisterra parecía perder unha das súas grandes bazas, a solvencia defensiva que lles permite levar só dous goles en contra. Pero os da casa tiraron de orgullo e supliron a perfección aos titulares formando unha defensa inédita con Lobelos de lateral dereito cumprindo un gran papel.

Tan boa foi a labor da defensa, que na primeira metade o Dubra non se achegou á portería de Bouzi, aínda que tan pouco atacaron moito os locais, máis alá dun par de intentos de Diego Estévez. As ocasións comezaron a chegar na segunda metade, na que o Dubra dou un paso arriba e conseguiu o 0-1 tras unha fermosa xogada asociativa. A partir de aí, espertou de verdade o Fisterra, que encerrou aos visitantes na súa área e provocou múltiples ocasións a través dos Makaay, Richi, Diego, ou Vía. Pero finalmente tivo que ser no último minuto, e tras unha falta botada ás mil marabillas por Makaay, cando Diego Estévez conseguise ese gol que tanto tiña merecido esta tempada.

Xallas 0 – 1 O Pino

Xallas: David Freire; Xan Caridad, Julito, Brais (Caneda, 5’), Aitor; Diego, Erre (Josito, 65’), Doro; Stefan, Colón (Juan de Selia, 51’) e Adán.

O Pino: Pablo; Mosteiro, Jano, Alfonso, Julio, Miguel, David Pereiro, Martín Lamas, Bendaña, Suso e Uxío. Tamén xogaron: Rubén, Neo, Jesús e Rubén.

Goles: 0-1, 83’: Jesús.

Xallas - O Pino

Segue sen atopar esa chispa de fortuna necesaria o Xallas, que sumou unha nova derrota ante outro rival dos de arriba, un Pino que xa viña de gañar ao Fisterra nun encontro no que non merecera tanto premio. A película repetiuse na Fontenla, onde os de David González foron superiores durante toda a primeira parte a través do dominio da pelota e chegando a ter tres ocasións claras que non acertaron a mandar á rede para ir por diante no marcador ao descanso.

Na segunda metade os visitantes axustaron o seu debuxo táctico e conseguiron igualar as forzas no medio do campo, onde estaban a mandar os verdes. Igualouse entón o encontro tanto no reparto da posesión como en ocasións, cun par de chegadas para cada conxunto. Pero a sete minutos do final, o Pino ía marcar o primeiro tras un saque en longo do porteiro, que peinaba o dianteiro e remataba Jesús, que chegaba por detrás ante a pasividade da defensa local. O 0-1 matou á confianza xalleira e non foron quen de crear ocasións para o empate.

comentarios