Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Sofán - Baio, a gran final da Copa da Costa

Xallas-Sofán-Semis de Copa-Foto-Luis Gonzalez Botas 2
Xallas-Sofán-Foto-Luis Gonzalez Botas 2
Sofán - Baio, a gran final da Copa da Costa

Xa temos finalisíma da Copa da Costa 2023. Sofán e Baio venceron na volta das semis ante Xallas e Dumbría, e se meten na gran festa do Fútbol da Costa, que será predecida ademais pola VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC.

Fantásticos os ambientes vividos en Fontenla e no Conco, con 4 afeccións envorcadas cos seus equipos e moita xente de toda a comarca vendo os partidos.

O Xallas (o rei de Copas con 8 títulos e 2 subtítulos), sucumbiu ante un Sofán que, partindo como gran favorito, aspira a estrear o seu palmarés copeiro. 

O Baio deu a relativa sorpresa (en relación ao visto na temporada ligueira), buscará o seu segundo título.

Fontenla Xallas-Sofán-Semis de Copa-Foto-Luis Gonzalez Botas
Ambientazo en Fontenla para estas semis-Foto-Luis Gonzalez Botas

Xallas - Sofán (0-3)

11 do Xallas no Xallas-Sofán-Semis de Copa-Foto-Luis Gonzalez Botas
11 do Xallas. Foto-Luis Gonzalez Botas
  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, ADán, Samuel, Capelo, Colon, Juan de Celia, Xan Caridad, e Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Diego, Becerra, Sergio Barbeira e Ángel Cuns.
11 Sofan Xallas-Sofán-Semis de Copa-Foto-Luis Gonzalez Botas
11 Sofan -Foto-Luis Gonzalez Botas
  • Sofán: Brais, Noé, Becerra, Alexandre, Dani Pena, Bandera, Brais Cancela, Dani García, Pablo Parafita, Fabián e Dani Pena. Tamén: Mario, Iván Parafita, Juan Díaz, Eibe e Raúl Pérez.
  • Goles: 0-1, m.12: Paulo remata no segundo un centro de Dani Pena dende a esquerda; 0-2, m.55: Paulo remata no segundo pau un centro de Alexandre tras un saque de banda; 0-3, m.75: Pablo Parafita aproveita un balón morto para sentenciar.
Xallas-Sofán-Semis de Copa-Foto-Luis Gonzalez Botas
Foto-Luis Gonzalez Botas

Arrincou o partido igualado, e moi pronto Paulo facía o primeiro tras un centro lateral. Non conseguía xerar o Xallas co balón, mentres a SD estaba máis incisiva cando roubaba. Tivo o empate o cadro de Adrián Vázquez, nunha de Juan de Celia a centro de Capelo pero o tanto foi anulado por fóra de xogo. Remataba a primeira metade moi igualada. 

E mesmo guión na segunda, cun tanto moi semellante de Paulo, que deixaba encarrilada á eliminatoria para os de Torreira. Tivo Capelo un man a man tras un bo pase de Juan de Celia, pero non acertou e non conseguiu meter ao equipo verde no partido. Parafita sentenciou no treito final.

Adrián Vázquez felicitou ao Sofán polo pase, e aproveita para felicitar a gran temporada do seu grupo de xogadores. Tempada que califica de “cruel, pois 1uedas a un gol de meterte no playoff e agora nas semis da Copa”.

Sofan fainalista Copa-foto-Luis Gonzalez Botas
O Sofán celebrando o tanto de Parafita. Foto-Luis Gonzalez Botas

 

Dumbría - Baio (0-1)

11 do Dumbria no Conco semis Copa da Costa

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Raúl, Dani, Mario, Baba, Capelo, Dani Chao, Lucas e Estévez. Tamén: Carlos, Alex Sendon, Brais, Rivi e Xavi Castro.

11 do Baio no Conco semis Copadacosta

  • Baio: Iván Fraga, Aday, Pablo Dom., Norberto, Hugo, Peke, Aitor Vilas, Bieito, Pazos, Braian, MC. Tamén: Pablo Rod., Josiño, Santiso, Iván Rod. e Ceide.
  • Goles: 0-1, m.60: MC.

Dumbria-Baio no Conco semis da Copa

 

Remata o Baio a campaña con moitísima ilusión despois da mala campaña ligueira. E faino tras superar a todo un Dumbría que partía como teórico favorito. 
Primeira metade de moito respecto, moi igualada, sen que ningún dos dous equipos foron capaces de dominar, sempre co Baio un puntiño mellor, conseguindo minimizar os puntos claves do cadro local.

Comezou mellor o Baio a segunda, marcando relativamente pronto da man do de sempre. Apareciu MC e o tanto, co 0-1 da ida, descolocou a un Dumbría que non soubo xestionar a ansiedade. Si que soubo xestionar o tempo o Baio, que manexou o tempo para deixar correr o reloxo.

Máis info

Comentarios