Así é o Soneira campión da Liga da Costa Xuvenil
Despois dos títulos do Cee Cadete e do Dumbría Infanil, este pasado sábado o Soneira SD completaba o trío de campións do futbol base costeiro co título na categoría Xuvenil.
Con aínda dúas xornadas de marxe, os de Jose De la Sierra vencían 4-0 ao Baio e se proclamaban campións de liga tras unha temporada espectacular. Estiveron todo o ano mantendo un fermoso duelo co Cabana, se ben o Fisterra se colou na segunda praza precisamente esta semana.
O bloque soneirán é moi firme, encaixa moi poucos goles (apenas 25, cando o seguinte ten 50 goles encaixados), a pesar de que a “idea de xogo é un pouco manter o balón e ser protagonistas en todo momento”, explica De la Sierra.
Foi unha temporada longa, na que o equipo tivo que tirar de ata 8 cadetes, moitos de xeito habitual, para completar as convocatorias. Porque ademais, as baixas dos sénior provocaron que numerosos xogadores tivesen que estrearse xa na Liga da Costa, como é o caso de Héctor, xuvenil de primeiro ano, xa habitual o ano pasado xos maiores, pero que leva varios meses lesionado e que onte volvía saltar ao campo.
Cos maiores tamén debutaron este ano tamén os porteiros Brais Dono e Brais Lema, ademais do tamén cadetes Gabri e Nico Gómez, así como José Antonio, Javi, Sergio, e Susiño. Todo nun equipo formado principalmente por xente de Vimianzo, pero algunhas pinceladas chegadas de Baio, Mazaricos ou Laxe, no que só hai dous xogadores de último ano (Samuel, que é o capitán, e Sergio), polo que manterán o bloque de cara á vindeira campaña.
”Unha pena que non teñamos opción de competir nunha categoría superior”, reflexiona o adestrador, en relación á nova disposición de ascensos para este curso: