Interesantísima charla a vivida esta pasada noite de venres na Casa da Cultura Concello de Vimianzo. Se hoxe sábado tócalle coller o micro a varios futbolistas da ría de Camariñas no camping de Merexo, onte a atención estivo posta na violencia no fútbol base. O Concello de Vimianzo en colaboración co Soneira S.D. e CD Baíñas, artellou unha sesión dirixida por Terio Carrera, para reflexionar como nos comportamos as familias cando xogan as nosas criaturas.
Estiveron presentes figuras importantes como o ex xogador do Dépor e actual adestrador do Fabril, Manuel Pablo; o mazaricán e adestrador do Dépor Xuvenil, Miguel Figueira; o árbitro vimiancés Christian Sendón; o psicólogo Antonio Rial; o avogado e ex futbolista Uxío da Pena e a delegada da RFGF Silvia Cancela.