Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Terceira: Os "novos" veñen pisando forte

Camelle - Seaia
Camelle - Seaia
Terceira: Os "novos" veñen pisando forte

Comezou a Terceira máis igualada e atractiva dos últimos anos cunha boa nova: os tres equipos que se incorporan á competición semella que veñen con grandes aspiracións e boa preparación. Ademais, dous vellos gallos da categoría, como Corcubión e Porteño debutaron con vitoria. A clasificación, en www.futboldacosta.com .

Castrelo 1-3 Pereiriña

Castrelo: Jose Costa; Marcos Duarte, Esteban, Luis Roget, Esteban; Chavico (Samu Trillo, 72’), Miguel, Dani (Cristian Canosa, 67’), Iván Chans; Roi (Samuel Rama, 53’) e Capote.

Pereiriña: Isma Antelo (Nil, 46’); Tonecho, Adri Ozón, Cheo, Lucho (Maelo, 78’); Tebo, Borja, Chiru (Álex Agulleiro, 75’), Lagoa (Carlos Leis, 46’); Tito e Roy (Dani Costa, 72’).

Goles: 0-1, 36’: Tebo / 1-1, 51’: Luis Roget / 1-2, 72’: Borja Bouzón / 1-3, 76’: Álex Agulleiro.

Gran volta a escena do Atlético Pereiriña, que volve a competir dez tempadas despois. Os de Emilio Corzón son un dos equipos con máis aspiracións debido a profundidade do seu persoal.  Así o amosou nun encontro que comezou con pouco ritmo e con dous equipos que non eran quen de crear perigo sobre as porterías. Pero o gol de penalti veulle moi ben aos visitantes que comezaron a dominar e puideron ir ao descanso con maior vantaxe.

Na segunda parte saíu mellor o Castrelo, que obtivo premio cun dos seus puntos fortes: buscar ao incansable Luis no balón parado. Tras o empate, chegaron os mellores minutos do encontro, onde ambos equipos buscaban poñerse por diante. Finalmente nun balón rexeitado na frontal da área, Borja Bouzón facía o segundo tras un gran disparo para que, inmediatamente despois, Álex Agulleiro fixese o gol da tarde cunha tremenda volea. Co 1-3, o partido xa estivo totalmente controlado polos ceenses.

Laxe 1-3 Corcubión

Laxe: Jacobo; Elías (Manuel Cedrón), Dani Torrado, Jacinto, Santi (Galeano, 9’); Bieito, Gora, Jorge, Álvaro, Óscar; Carra.

Corcubión: Marcos; Fran, Mario, Yago; Gorka (Adrián Torices, 78’), Rubén, Tano, Luisete (Martín Rey, 65’), Adri (Guille, 58’); César e Íker.

Goles: 1-0, 14’: Bieito / 1-1, 30’: César Lojo, de penalti / 1-2, 65’: César Lojo / 1-3, 89’: Íker.

Comezo difícil para ambos conxuntos, con moitas baixas en cada lado, o que, xunto as lesións, condicionou o partido. De feito, o Laxe tivo que facer xa un cambio antes dos dez minutos de xogo por molestias de Santi, aínda que parece que lle sentou ben ao equipo, pois no 14’ Bieito aproveitaba o rexeite de Marcos tras un man a man para facer o primeiro gol laxense da tempada. Un gol moi protestado polo Corcubión por suposto fora de xogo. De todas formas, o cadro de Nito repúxose ben do golpe e a través da calidade de César Lojo, unha das grandes atraccións da categoría, que empatou de penalti tras unha man e remontou na segunda metade o encontro aproveitando un rexeite do porteiro. Xa nos últimos minutos, o Laxe intentouno todo, tendo incluso un pau, pero Íker rematou unha contra levada á perfección polos visitantes.

Gol de César Lojo:

 

Camelle 2-2 Sp Seaia

Camelle: David Caamaño; Gerardo Haz (cristian Gandara 86'), Martin Santos (Diego 75'), Sergio Snacki, Rodri, Macareno, Carlos de Dido, Miguel Riveiro, Carlos Suarez (Sergio B Romero 70'), Ruso e David Vieites.

Sp Seaia: Anxo; Anxo Pose, Ivan Rodriguez, Jorge parga (Mario Pose 78'), Manuel Garrido, Isac Piña (Toñi Añon 69'), Alex (Pablo Caamaño 81'), Joel Morales (Luis Manuel Ferreiro 52'), Sergio Cancela (David Muiño 66'), Martin e Adrian Parga.

Goles: 0-1, 20’: Isaac Piña, de penalti / 1-1, 26’: David Vieites / 2-1, 29’: Carlos de Dido / 2-2, 66’: Isaac Piña, de penalti.

Non puido levar a vitoria o Camelle no seu primeiro partido da tempada, e iso que o encontro do Rodeiro foi manexado de comezo a final polos locais. O Seaia, que xogou a buscar o contragolpe e o xogo directo, adiantouse de penalti aos vinte minutos, aínda que David e Carlos reaccionaron rapidamente para os locais. Na segunda metade, o cadro malpicán buscou algo máis a portería de David, pero non foi quen de perforala ata que Isaac volveu a ter outra opción dende os once metros pasada a hora de xogo. A partir de entón houbo reparto de ocasións, aínda que as máis claras caeron para o bando local.

Xallas B 1-1 Oza

Xallas B:  Brais Espasandín (Alejandro Barbeira 46'); Ivan García, Becerra, Nando Pensado (Dani Barbeira 57'), Doriño, Cuns (Kevin Fondo 66'), Sergio Barbeira (Ivan 82'), Steven, Brais Gonzalez (Jairo Garcia 68'), Michu e Jota.

Oza: Juan Gesto; Iago (David 78'), Diego Casais, Alberto Rodriguez, Kevin, Botana, David Loppez (Jose Loureiro 85'), Nacho Pose, Jesús, Jorge Pichel (Cristian Pace 75') e Vilariño.

Goles: 0-1, 23’: Jesús / 1-1, 73’: Dani Barbeira.

Formación do Xallas B

Reparto de puntos no primeiro partido oficial para a historia de ambos conxuntos. Un choque que tivo unha metade de cada cor. Os de Adrián Varela, que veñen de deixar grandes sensacións na preparación, foron mellores no inicio, aproveitando a amplitude da Fontenla para desenvolver o seu xogo. Así, Jesús os adiantaba no marcador antes da media hora.

Non obstante, na segunda metade o Xallas B reaccionou, sobre todo a partir dos cambios que introduciu César dende o banco. Chegaron a ter varias ocasións, pero finalmente foi Dani Barbeira o que empatou un encontro que xa pasou a historia de ambos clubs.

Porteño 4-0 Ameixenda

Porteño: Josiño; José Pejo, Jose Caamaño, Manu Canosa, Yeray, Alan, Portu (Campaña, 24’), Martín Suárez, Joseba (José Domingo, 83’), Cachi e Ángel Quintana (Edgar, 23’).

Ameixenda: Pablo; Iván, Juan Manuel, Fer, Sergio, Kane, Aguirre, Chucho (Bicho, 61’), Alexis, Samu e Jose Castro.

Goles: 1-0, 43’: Jose Pejo / 2-0, 72’: Martín Suárez / 3-0, 78’: Campaña / 4-0, 89’: Martín Suárez.

Continúa este ano o Ameixenda con problemas de persoal, como xa lle pasara na última tempada. Uns problemas que levaron a que Javicho só contase con doce xogadores, o que se notou no campo a partir da hora de encontro. Ata aí, non houbera tanta diferenza entre locais e visitantes, pese ao gol de Pejo nunha xogada a balón parado.

Non obstante, o pasar dos minutos e a saída de Chucho empeorou a un Ameixenda que comezara mellor a segunda parte. O Porteño aproveitou un erro defensivo dos visitantes para facer o segundo e a partir de aí xa estivo moi cómodo. A desgraza do partido chegou no terceiro, cando a Pablo se lle saíu o ombreiro esquerdo, o que fixo que Bicho se puxese porteiro e o Ameixenda quedase con dez.

Comentarios