O UC Cee Infantil, o segundo ascenso do curso no fútbol base costeiro

Cadro Infantil do UC Cee-Foto. UC Cee

Protagonizou o Unión Club Cee unha das sorpresas da Gala do Fútbol da Costa levando o Premio Abdoulaye ao Mellor Club Base, nun ano no que o Dumbría fixo historia. Pero é que a temporada do cadro ceense non pasou desaparecida para 28 das 110 persoas que participaron nas votacións abertas de QPC, decidindo que o balón da olería de Buño fose para as vitrinas do equipo franxiazul.

Porque ademais de ter unha marea de rapaces, e rapazas, en competición, o club conseguía a Copa da Costa prebenxamín, e protagonizou o segundo ascenso do curso do fútbol base, debido a nova reestruturación das categorías base.

O U.C. Cee A de Infantís conseguía un meritorio 5º posto na 1ª Galicia, Grupo 2, acadando así o ascenso a Preferente. O equio de dirixido por Juan Castiñeira co apoio de Guillermo Rodriguez, estivo formado por:

  • Iago Marcote (Cee, porteiro).
  • Miguel Pet (Corcubión).
  • Daniel Rodríguez (O Pindo, capitán).
  • Cristian Trillo (Corcubión).
  • Felipe Mayám (O Pindo).
  • Francisco Mazorra (Arou, pichichi do equipo).
  • Pedro Castiñeira (Cee).
  • Iker Castreje (Cee).
  • Óliver Marcote (Cee).
  • Yoel Camaño (Cee).
  • Martiño Abel (Cee).
  • lex Picallo (Ameixenda-Cee).
  • Thiago García (Cee).
  • Fabio Lamela (Ameixenda-Cee).
  • Marcos Romero (Ameixenda-Cee).
  • Marco Calvo (Corcubión).
  • Pablo Mosteirín (Cee).
  • Gael Liñeiro (Fisterra).

Máis novas