O UC Cee Infantil, o segundo ascenso do curso no fútbol base costeiro

Protagonizou o Unión Club Cee unha das sorpresas da Gala do Fútbol da Costa levando o Premio Abdoulaye ao Mellor Club Base, nun ano no que o Dumbría fixo historia. Pero é que a temporada do cadro ceense non pasou desaparecida para 28 das 110 persoas que participaron nas votacións abertas de QPC, decidindo que o balón da olería de Buño fose para as vitrinas do equipo franxiazul.
Porque ademais de ter unha marea de rapaces, e rapazas, en competición, o club conseguía a Copa da Costa prebenxamín, e protagonizou o segundo ascenso do curso do fútbol base, debido a nova reestruturación das categorías base.
O U.C. Cee A de Infantís conseguía un meritorio 5º posto na 1ª Galicia, Grupo 2, acadando así o ascenso a Preferente. O equio de dirixido por Juan Castiñeira co apoio de Guillermo Rodriguez, estivo formado por:
- Iago Marcote (Cee, porteiro).
- Miguel Pet (Corcubión).
- Daniel Rodríguez (O Pindo, capitán).
- Cristian Trillo (Corcubión).
- Felipe Mayám (O Pindo).
- Francisco Mazorra (Arou, pichichi do equipo).
- Pedro Castiñeira (Cee).
- Iker Castreje (Cee).
- Óliver Marcote (Cee).
- Yoel Camaño (Cee).
- Martiño Abel (Cee).
- lex Picallo (Ameixenda-Cee).
- Thiago García (Cee).
- Fabio Lamela (Ameixenda-Cee).
- Marcos Romero (Ameixenda-Cee).
- Marco Calvo (Corcubión).
- Pablo Mosteirín (Cee).
- Gael Liñeiro (Fisterra).