Luns. 18.11.2019
El tiempo

Vimianzo prepárase para o seu Triangular

Vimianzo prepárase para o seu Triangular

O domingo 25 de agosto celebrarase no campo de fútbol municipal o I Triangular Concello de Vimianzo. O evento terá lugar ás 18 h. e está organizado polo concello.
Esta competición servirá para realizar a presentación dos tres clubes de fútbol do concello: Soneira, Baiñas e Castrelo.

No primeiro partido enfrontaranse o Baiñas e o Castrelo. Posteriormente entrará en liza o Soneira que se medirá ao equipo que perda no primeiro partido e, finalmente, disputarase o último encontro co enfrontamento entre o Soneira e o equipo gañador do primeiro partido. Cada un dos encontros terá unha duración de 45 minutos.

A entrada será gratuíta.

Comentarios