Preferente: Dous empates para seguir sumando
Son bos os empates colleitados por Sofán e Dumbría na xornada 26, tendo en conta os resultados da semana pasada. Pero a cousa segue moi apretada para ambos. Se os carballeses baixa agora e quedan a 1 punto da promoción de ascenso, os dumbrieses só teñen 2 puntos de marxe sobre o descenso.
San Tirso - Sofán (0-0)
- Sofán: Brais, Javi, Dani Garxía, Alexandre, Alex Sánchez, Izan, Iván Parafita, Fabián, Dan Pena, Joel e Julián. Tamén: Gardu, Iván Pardo, Mateo, Bruno e Iraitz.
Partido tremendamente disputado, de moita loita, moito duelo, con moito xogo directo e pouco fútbol.
Avisaban primeiro os locais nada máis comezar cun chutazo que salvou Brais cando o balón ía peitear a escuadra. Pero tamén reaccionaron os carballeses, con dúass ocasións tras dous segundos balóns a saque de banda, un que rematou Joel alto e outro que rematou Alexandre e un defensa sacou baixo àus.
A segunda metade seguiu igual, con moita disputa, con algún centro pero menos ocasións. Si que no desconto, o San Tirso vía como o colexiado lle anualaba un gol por fóra de xogo nunha falta lateral.
“Un punto nun campo moi complicado”, valora Pablo Torreira.
Dumbría - Puebla (1-1)
- Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Jano, Sergio, Juan, Lucas Toba, Marcote, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Toni, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada, Iago, Adrián Periscal.
- Goles: 1-0, m.4: Javi Souto; 1-1, m.59: Óscar FIdalgo.
Partido igualado, no que os locais se metían pronto por diante nunha boa xogada. A partir de aí o partido estivo moi igualado, nunha primeira metade sen sobresaltos.
Ao saír do descanso os visitantes estiráronse máis pero eran os locais os que amezaban a meta rival cunha ocasión de Javi na que a bancada cantaba gol, pero o defensa tocou o suficiente para impedir un remate claro do camariñán.
Os visitantes foron subindo liñas, creando perigo, e cos cambios melloraron. Empataron nunha falta lateral e aínda puideron levar os puntos cun balón á madeira. Punto que sabe ben polo Conco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.