Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xa está aquí a Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa

Xa está aquí a Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa
Cartel invitacion album cromos 2018 copiaCartel invitacion album cromos 2018 copia

O mito do Fútbol da Costa non se espalla por Galicia a base de lendas. Medra e medra a base de feitos. De feitos como aquel pioneiro álbum de cromos que organizaba un grupo de tolos do noso deporte aló por 2013 e que traspasaba as nosas fronteiras. Nunca tal se fixera no fútbol modesto galego: un álbum de cromos que aglutinase a case todos os equipos dunhas ligas comarcais.

Un Álbum que vertebra a Costa da Morte a través do deporte, que fai que coñezamos máis, que nos unamos máis como comarca. Un Álbum que demostra que o Fútbol da Costa é xa un axente transformador da nosa sociedade.

Esta tempada volven os cromos da Costa, e volven chegar cunha Gala, como acontecera naquela Noite das estrelas do Fútbol da Costa que encheu o auditorio de Santa Comba un 30 de novembro de 2013.

Desta volta será o venres 21 de decembro, a partir das 20:30h no auditorio da Casa da Cultura de VImianzo, nun acto, de novo dirixido pola xornalista zaseira Mónica Martínez.

A Gala, onde seremos os primeiros en poder facernos cos sobres e co álbum, dará voz aos grandes protagonistas desta edición: os equipos femininos e o colectivo arbitral. Non faltará ninguén neste álbum porque ademais tamén estarán os equipos da 3ª, que quedaran fora por motivos de espazo na primeira edición.

Ademais, a gran presencia desta gala, como foi no seu día David Vidal, será unha das persoas máis importantes na historia contemporánea do Real Club Deportivo de la Coruña, Augusto César Lendoiro. O eterno presi branquiazul volverá á súa terra (é natural de Corcubión) para falar da súa relación co fútbol modesto da provincia e para contarnos ducias de anécdotas na entrevista que lle vai realizar Mónica Martínez.

Todas as novas sobre o Album

https://quepasanacosta.gal/qpc-volve-traer-o-album-de-cromos-do-futbol-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/da-repercusion-mediatica-do-album-de-cromos-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/a-noite-das-estrellas-do-futbol-da-costa/

Comentarios