Xa podes pedir os últimos cromos para completar o teu Álbum do Fútbol da Costa
12 de xuño de 2024 (09:52 h.)
Unha vez realizado o sorteo do Álbum de cromos (parabéns ao benxamín do Sofán Adrián Puñal Cotelo, que foi o gañador de entre os 189 que completaron o álbum), poñemos en marcha o proceso para conseguir os teus últimos cromos.
A partir de hoxe, 12 de xuño e só ata o 22 de xuño de 2024, ofrecémosche a posibilidade de pedir os cromos que te faltan. Este é o proceso:
- Podes pedir un máximo 30 cromos por coleccionista.
- Cada cromos ten un custe de 0,50€ cada cromo.
- Tes que enviar un correo a info@quepasanacosta e poñer no asunto “Cromos Fútbol da Costa”.
- No correo tes que indicar:
- Nome completo;
- Xustificante do pago da transferencia (IBAN ES91 2080 5017 5430 4001 2348);
- Nome e apelido dos xogadores/as que che faltan, categoría e club o que pertencen, tal e como saen no álbum. Agradecémosche que sexas o mais claro posible ao realizar o teu pedido.
Unha rematado o prazo porémonos en contacto contigo para facerte chegar os cromos.