Martes. 30.04.2024
El tiempo

Máis de 100 rapaces e rapazas xa completaron o álbum

100 albumes da costa completos 1000
Máis de 100 rapaces e rapazas xa completaron o álbum

Que ilusión nos fai ver esas caras de alegría cando os rapaces e rapazas da comarca nos envían as súas fotos co álbum do Fútbol da Costa base completo. Comprobar que se trata dun proxecto que xera alegría, que fai comunidade, que vertebra toda unha comarca a través do deporte, é unha enorme satisfacción.

A día de hoxe xa son máis de 100 os nen@s que completaron o álbum e que nos enviaron os seus datos para participar nun sorteo. Pero máis que o sorteo, sabemos que a ilusión é ter, por fin, despois de moitos sobres e moito sipinopi, o álbum completo, de ter a todos os compañeiros e compañeiras cos que se van enfrontar este ano, e os vindeiros anos.

Ese álbum co que vas poder coñecer a todos os teus rivais, que de repente xa pasaron a ser amigos, porque pegaches o seu cromo no teu álbum e xa nunca máis será o defensa do Muxía, senón que de agora en diante será Raúl.

Un álbum no que sabemos que moitas familias están super implicadas. Sabemos de ducias de nais e pais aos que lles fai tanta ilusión como as seus fillas ou fillas atopar ese cromo; ou conseguir o cromo da túa filla repetido para poder plastificalo e poder regalarllo a avoa.

Por todo iso, gracias pola implicación, pola comprensión ante os erros, e pola confianza!.

Toda a información sobre o álbum

Comentarios