Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un agradecemento aos puntos de venda do álbum de cromos do Fútbol da Costa

Prudencia da Libraria A Nasa de Cabana
Prudencia, da Libraria A Nasa de Cabana
Un agradecemento aos puntos de venda do álbum de cromos do Fútbol da Costa

Recta final para o álbum de cromos do Fútbol da Costa. Centos de rapaces e rapazas da bisbarra xa completaron o seu álbum mentres outros compran os últimos sobres e intercambian as repes.

E mentres facemos o reparto temos o gusto de falar coas Maika da cantina do Carral, Elisa do Kiosco de Esteiro, Martín e Lorena da Vidú de Corme, Tino de Ler da Ponte do Porto, Eva da Zapatería A Peteira da Picota, Graci da Libraría Bolboreta de Camariñas ou a brava Prudencia, da libraría A Nasa de Cabana, algunhas das que viviron en fite a revolución dos cromos da Costa. 

”A locura dos cromos da Costa non se viviu con ningunha outra colección”, contábanos unha Elisa, que bota de menos xa aquelas marabuntas de nenos e nenas que arrasaban os sobres os primeiros días. “Veñen os avós e piden 50 euros en sobres sen titubear. Para os libros escolares protestan pero para isto, nada”, bromea.

Unha pasada escoitar esas historias como as que conta Martín sobre como algún listillo levaba de volta os sobres para cambiar, ben repegadiño, despois de comprobar que todas estaban repes.

Ou as de Graci da Libraría Bolboreta, que nos contaba como houbo algún álbum que mesmo foi cara Suiza para que un rapaz que vive aló puidese coleccionar aos seus curmáns, xogadores das Escolas Cabrejo. Tamén nos contaba a intención do pequeno Yeremy de regalarlle un dos seus cromos (conseguiu varios) plastificados á súa nai e á súa avoa…

cromos plastificados
Os cromos plastificados de Yeremy

Agradecemos a todas esas persoas dos clubs que se preocuparon ao 100% porque todo saíse ben. Carmen de Outes, Tomás das Miúdas, Jose da Esteirana, Fernando das EF Carnota, Rubén e Verónica de Cee, Sergio de Fisterra, Felipe do Muxía, Juan de Camariñas, Jose e Lourdes en Dumbría, Belén en Zas, Óscar e Víctor no Soneira, Jorge Gorrión en Mazaricos, Bea no Xallas, Marcos no Cabana, Diego Mallo no Coristanco, Dani Reixía no Cerqueda, Barca e Maica no Sofán, Miguel Cousillas en Ponteceso, Lorena e Martín en Corme e Jose en Laxe.

Pero tamén temos que agradecer a colaboración deses puntos de venda que na meirande parte dos casos colaboraron altruistamente, cedendo a comisión para os clubs, e que son parte indispensable do proxecto:

  • Cantina do Cunchido (Outes FC).
  • Kiosco Vicente (Outes).
  • Cantina do Eleuterio Balayo (Os Miúdos).
  • Kiosko Kino de Esteiro.
  • A Cantina de Lombáns (EF Carnota).
  • Libraría Chorima (Carnota).
  • Cantina do San Paio de Refoxos (UC Cee).
  • Ler Librarías (Cee).
  • Kiosco Alameda (Cee).
  • Ler Librarías (Ponte do Porto).
  • Libraría Bolboreta (Camariñas).
  • Loterías Franchés (Muxía).
  • Cantina de Arliña (Muxía CF).
  • Cantina do Conco (Dumbría CF).
  • Cantina do Campo de San Andrés e Platas Reinoso (EF Concello de Zas).
  • Estanco Rogelio (Baio).
  • Librería Torrepenedo (Baio).
  • Cantina de Ara Solis (SD Fisterra).
  • Kiosco de Fisterra.
  • Libraría Agarimo (Fisterra).
  • Cantina do Municipal de Vimianzo (Soneira SD).
  • Descuento loco (Vimianzo).
  • Bar London (Vimianzo).
  • O Peto (Asenso, Mazaricos).
  • Zapatería A Peteira (A Picota, Mazaricos).
  • Supermercados Letri (A Picota, Mazaricos).
  • Café Bar Alborada (A Picota, Mazaricos).
  • A Cantina de Fontenla (Xallas FC)
  • Super Avenida (Santa Comba).
  • A cantina do Pinguel (SD Ponteceso).
  • Tenda dos Libros (Ponteceso).
  • Libraría A Nasa (Cabana).
  • Cantina da Rocheira (SD Coristanco).
  • Cantina de Xaviña (UD Cerqueda).
  • Estanco de Buño.
  • Kiosco Víctor (Laxe)
  • Cantina do Rogelio Martínez (SD Laxe).
  • Cantina do Carral (SD Sofán).
  • Estanco Os Troles (Carballo).
  • Papelería Vidú (Corme CF).

Máis novas do álbum

Comentarios