Xallas, Carnota e Cabana, triunfadores da festa da Copa de Fútbol Base
04 de maio de 2026 (08:20 h.)
Acolleu o campo de Fontenla este pasado sábado a gran festa do Fútbol base. As finais da Copa da Costa de F8 encheron o campo de felicidade, e outorgaron 3 títulos:
En Alevíns gañou o favorito, un Xallas que leva arrasando dende Prebenxamíns, e que tamén gañaba a Liga. Os de Doro fixéronse coa Copa da Costa Alevín tras vencer 2-0 á Esteirana.
Ademais, o Xallas B proclamouse campión da Copa Delegación ao vencer 2-1 ao Sofán B.
En Benxamíns, gañou o Carnota, outro que fai doblete, e que viña ademais de gañar o venres a Liga e o ascenso á Preferente. Os de Fer venceron ao Cee por 4-0.
E finalmente, en prebenxamíns, o Cabana quedou campión ao gañar por penaltis o Xallas CF.