EF Juan Cabrejo e EMF Vimianzo, campións das LCFS
Tras coñecer os gañadores das ligas FUTGAL de F8 hoxe visitamos as fermosas ligas de fútbito, as Ligas Comarcais de Fútbol Base LCFs Costa da Morte. A falta de unha xornada, estás listas as categorías Alevín e Infantil.
En Alevíns, dominio absoluto do EF Juan Cabrejo Camariñas. Se ben o equipo B non gañou partido, o A, dirixido por Pepucho, sumou 12 vitorias e 1 derrota en 13 partidos, proclamánse campións.
Ademais, en Benxamíns, EMF Vimianzo venceu na úlima xornada ao 2º clasificado, o Vila de Cee, por 6-1, e se proclamou tamén campión da liga comarcal. Os de Paco formaron con Antón, Nico, Leo, Artai, Áxel, Aday, Adam, Marco, Damián e Rodrigo.
Este ano, en principio non haberá fase final, e os campións de Liga son xa os campións fa se regular, habendo unhra respecta entre 2º e o 5º clasificado para ocupar a segunda praza do Campionato Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro 30 de maio.


