luns. 12.05.2025
El tiempo

O Xallas e o Cee triunfan nas Copas da Costa de F8

cee campion cop prebenx2 copia
O Cee celebrando o título de campión prebenxamín. Foto: Marcos Rodríguez
O Xallas e o Cee triunfan nas Copas da Costa de F8

Acollía o campo Vicente Carril a gran festa do fútbol 8. A fase final da Copa da Costa de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns convertía o campo camariñán nun auténtico fervedoiro de familias, nun evento moi ben armado pola RFGF e o Camariñas F.C.

Os grandes triunfadores foron Cee e Xallas. Os ceenses proclamáronse campións en categoría prebenxamín, mentres o Xallas fixo o propio en Benxamíns e doblemente en Alevíns.

Na final Alevín A, os xalleiros dirixidos por Luchy e Rupper venceron ao Dumbría dos Javi Lires por 2-1.

Alevins do Xallas Campions da Copa da Costa Alevin copia
Alevíns A do Xallas 

Houbo tamén final da Copa da Costa Alevín Gr.3, que enfrontaba ao Xallas B de Doro contra o Dumbría B dos Senra, deixando unha nova vitoria xalleira por 2-1.

Alevins do Xallas B campions de Liga e de Copa da Costa
Alevíns do Xallas B doble campións

En Benxamíns, metíanse na final a SD Sofán de Mario Casal e o Xallas de Iván García, e foron tamén os verdes os que se proclamaban campións na quedan de penaltis.

Xallas campion benxamin
Xallas Benxamín

 

Familia do Xallas no Vicente Carril coas copas
Familia do Xallas no Vicente Carril coas copas

Xa nos máis peques, os Prebenxamíns, a finalísima enfrontaba ao Cee de Francesc cos Miúdos de Manu Martínez. Os ceenses venceron por un apretado 2-1.

cee campion copa Prebenxamin copia
O Cee Prebenxamín. Foto: Marcos Rodríguez

Outras novas

Comentarios