A xornada: O Castriz volve a Liga da Costa nunha finde con dous novos títulos e moita tensión
Novo carrusel tremendamente emocionante en www.futboldacosta.com (as competicións ligueiras) e en www.copadacosta.com (as copas e fases de Ascenso) nunha fin de semana que deixou un ascenso, dous títulos e moitas ilusións.
O Castriz foi o gran protagonista ao vencer ao Porteño e conseguir o ansiado ascenso á Liga da Costa, deixando aos da Ponte, un ano máis, ás portas do ascenso.
Unha Liga da Costa que rematou co Volantes afianzando a Fase de Ascenso, por diante eo Corme. Ademais, teñen un ollo posto nos arrastres, que poden vir dende a Terceira. O Cee queda pendente da salvación da Esteirana e o Zas tifará co seu veciño Soneira.
Porque na Primeira a cousa está complicada por abaixo. A Esteirana perdía ante o líder, un Fisterra imperial comandado de novo por Makaay, e fica en zona de arrastre. O Soneira, que sumaba un punto moi valioso.
Na Preferente caía o Sofán e o Xallas cazou un punto en Foz que o mantén vivo.
Dous novos títulos na base
A xornada sabatina deixou novos títulos no fútbol base. O Unión Club Cee proclamouse campión da Liga Infantil, gracias ao golaveraxe individual fronte ao Dumbría, despois de acabar empatados.
E o Sd Fisterra fixo o propio en categoría Prebenxamín!!
Copa de Veteranos e cadetes
A fin de semana deixou ademais o comezo dos Oitavos da Copa da Costa de Veteranos e a nova fase de Cadetes.