A Deputación financia a contratación once operarios para a limpeza das praias de Laxe
08:07 06/06/17
Os aspirantes deberán facer unhas probas prácticas
A Deputación da Coruña financiará os custes salariais derivados da contratación de 11 peóns para a limpeza das praias do concello de Laxe durante os meses de verán. As bases da contratación publicaronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte. Esta é un dos programas do organismo provincial que destina 274.273,09€ para a limpeza dos areais da Costa da Morte.
As funcións que desempeñarán os traballadores serán as necesarias para manter os areais, a súa contorna e os accesos viarios en perfectas condicións para o seu uso por parte dos bañistas.
Requisitos
Entre os requisitos que deben cumprir os e as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.
Así mesmo, darase prioridade ás persoas con dificultades para a integración laboral, como aos parados de longa duración, ás persoas con fillos menores de 26 anos ao seu cargo ou cuxo cónxuxe tamén estea en situación de desemprego.
Os aspirantes deberán realizar unha proba práctica de manexo, destreza e desenvolvemento cunha desbrozadora manual, valorándose a rapidez e habilidade na utilización da ferramenta.
Novas relacionadas:
- 2017: A Costa da Morte recibe case 275.000€ para a limpeza das praias
- 2016: Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- 2016: A Costa da Morte recibe uns 300000€ para a limpeza das praias
- 2015: Retrasos nos servizos básicos das praias da Costa da Morte: Cuadrillas de limpeza
- 2015: Denuncian os soldos precarios do persoal de limpeza de praias en Cabana
- 2015: A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña