A Xunta valora positivamente a catalogación como BIC da Igrexa Santa María de Atalaia de Laxe

08:20 26/10/18

Ao igual que acontecía o mes pasado co Arquivo Vidal, o Consello Territorial de Patrimonio de Galicia vén de dar o visto bo e valorar positivamente que a Igrexa Parroquial de Santa María de Atalaia en Laxe sexa declarada BIC, pola Xunta de Galicia, á vista da documentación presentada.
Outra gran noticia para Laxe, que ve como o traballo dende a Concellería de Turismo, Hostalería e Comercio de Xosé Manuel Pose Lema (BNG) está dando os seus froitos en materia de protección e promoción do patrimonio.