Alcalde e PP líanse en descalificacións en Laxe
Acusaba esta semana pasada o alcalde de Laxe que o voceiro do PP Ambrosio Oróns “non está implicado na vida do municipio”. Acusouno de “falta de compromiso cos veciños” así como de “non colaborar e de non participar nos actos que se celebran no Concello”.
Hoxe, é o voceiro da oposición o que salta a actualidade pública tras un longo período de silencio, para a devolver as acusacións ao alcalde, do que asegura que “non dá a cara polo Concello” e que “minte sobre a implicación dos populares con Laxe”. Oróns afirma que o compromiso do seu partido cos problemas e as necesidades dos veciños do municipio é “indiscutible”, e cualificou de “curioso que sexa o alcalde o que fale de falta de compromiso cando o señor Carracedo recoñece que non asiste aos actos e que non fai vida no Concello”.
Denuncia tamén que “o goberno local segue sen atender as mociones que presentou o Partido Popular solicitando o arranxo das porterías do campo de fútbol e o mantemento dos xogos da praia”. Ademais, Oróns recordou tamén que o seu partido aínda “descoñece cal é o horario e a xornada do secretario municipal pese a que os populares levan máis de dous anos solicitando a información ao Concello”.
E amenaza: “A vía xudicial é o único xeito de que o Concello cumpra as súas obrigacións”, comentou Oróns, quen matizó que o seu partido non recorrerá a ela porque consideran que Laxe xa está “inmerso en moitos preitos”.
Novas relacionadas
- Podemos abre o seu segundo Círculo na Costa.
- O BNG de Laxe reiterea a necesidade de acondicionar os panteóns do cemiterio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).