Atopan no fondo do porto de Laxe o baiés desaparecido hai 10 días
Trala busca fallida do sábado, por mor da falta de visibilidade nos fondos mariños, este domingo retomábase a procura no porto de Laxe do coche do baiés desaparecido o pasado xoves 11 de decembro.
Hoxe si que había unha mellor visibilidade e o buzos de Santa Mariña (Camariñas) acodiron pola mañá na lancha da Cruz Vermella (levan 4 días de intensa busca) e conseguían confirmar que efectivamente, as sinais da sonda de metais correspondíanse cun coche, o coche era o de Manuel Rodríguez, e el atópase dentro do vehículo.
Os buzos do GEAS (Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil), e o guindastre chegaron arredor das 16:00h. Ás 18.40 horas, coa axuda dos buzos, sacaron o coche da auga, que estaba a uns 15 metros de profunidade.
Ás 19:19 horas marchou o último vehiculo do peirao, que foi o guindastre co coche. E ás 19:23 horas e desde o furgón do Servizo Xudicial de San Antonio introduxeron o cadáver na base da Cruz Vermella.
Veciños da zona lembran que xa en 2013, acontecera un suceso semellante, cando outro veciño da comarca de Soneira se lanzaba de igual xeito ao mar.
O guindastre no porto de Laxe
Novas relacionadas
- 19-12-2020:
Falsa alarma no porto de Laxe: a falta de visibilide impide demostrar que era o coche de Manuel Rodríguez. - 13-12-2020: Completo dispositivo para atopar ao baiés desaparecido este xoves.
- 12-12-2020: Piden colaboración cidadá para o dispositivo de busca do desaparecido Manuel Rodríguez.