Completo dispositivo para atopar ao baiés desaparecido este xoves

11:58 13/12/20
Esta mañá de domingo continúa o dispositivo de procura de Manuel Rodriguez Eiroa, o baiés de 54 anos desaparecido este pasado xoves. Onte facíase un chamamento pedindo a colaboración cidadá para buscalo. A quedada foi no Polígono de Baio, e organizados por 4 patrullas da Garda Civil, acodiron á chamada uns 50 voluntarios, ademais dos membros de Protección Civil.
O dispositivo conta con medios aéreos, como o helicóptero da Garda Civil, varios vehículos e quads.