Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Falsa alarma no porto de Laxe: a falta de visibilide impide demostrar que era o coche de Manuel Rodríguez

Dispositivo no porto de Laxe
Dispositivo despregado no porto de Laxe-Foto: Vítor de Mira
Falsa alarma no porto de Laxe: a falta de visibilide impide demostrar que era o coche de Manuel Rodríguez

Pasaron case 10 días dende a desaparición de "Manuel de Gavín". O baiés marchaba de casa e aínda non se sabe nada. Tralo completo dispositivo realizado o pasado sábado, as autoridades comezaron a buscar tamén no mar. A Cruz Vermella realizaba unhas medicións coa sonda de metais e esta mañá de sábado lanzaron o aviso de que, no porto de Laxe, na zona onde se desenvolve a dragaxe, podería haber algo.

Armouse un completo dispositivo, e a posible nova filtrouse provocando que moita xente acodise á zona, por suposto tamén a familia, necesitada de novas. Varios buzos mergulláronse e foi pouco antes das 16:00h cando daban por finalizado o dispostivo. A razón é que a visibilidade no fondo era nula e non se puido constatar que as sinais da sonda corresponden cun vehículo.

Moita xente no porto de Laxe
Fotos de Vítor de Mira

Novas relacionadas

Comentarios