Sábado. 17.04.2021
El tiempo

Piden colaboración cidadá para o dispositivo de busca do desaparecido Manuel Rodríguez

Desaparecido Manuel Rodriguez de Baio
O baiés Manuel Rodriguez desaparecía o pasado xoves
Piden colaboración cidadá para o dispositivo de busca do desaparecido Manuel Rodríguez

Este pasado xoves a familia de Manuel Rodríguez denunciaba a súa desaparición. Saía ás 6:00h da mañá da sáu casa, en Baio, pero nin sequera ía traballar (é repartidor de carne por toda a comarca). A súa familia púxose á en contacto coa Garda Civil que comezou un dispositivo de busca.

Unha busca que continuará este domingo cun chamamento a toda a veciñanza. A familia, en colaboración da Garda Civil e Protección Civi, pide axuda a todo o mundo (quads, coches…) para organizar dende a ITV de Baio, un dispositivo completo. A xuntanza será ás 9:00h.

Esperan atopar a ˝Manuel de Gavín”.

comentarios