Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe presenta a súa lista completa

FOTO CANDIDATURA BNG LAXE 5
O BNG de Laxe presenta a súa lista completa

Xosé Manuel Pose Lema, Cristina Vázquez del Prisco, Isabel María Toja Toja, Roberto Javier Vidal Vidal, Virginia Allo Fuentes, Plácido Celestino Vidal Allo, Emma Paz Cibrán, Manuel Anxo Álvarez Amado, Juan Manuel Toja Lema, Noelia Cousillas Devesa, María Elena Cousillas Tedín. Como suplentes, Teresa Varela Pose, Francisco Javier Mira Rodríguez, Antonio González Lema e Carlos Aldariz Toja.

Esta é a lista que presenta o BNG de Laxe de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio de 2023. “Presentamos unha candidatura que combina experiencia e renovación, con persoas formadas e con moitas ganas de traballar para facer un concello mellor”, sinalou o candidato Pose Lema, que quixo destacar que entre as súas prioridades están a "limpeza das rúas, servizos públicos, resolver o problema da praia e apostar polos sectores da pesca e do turismo, claves na economía local".

O Bloque defende "un Laxe máis social, con dinamismo no económico, no social e no cultural, máis eficiente e con máis participación veciñal", e espera "facer de Laxe un concello mellor que deixe atrás a decadencia e a parálise deste anos".

Claves do programa do goberno son tamén potenciar os dous grandes sectores económicos da vila: a pesca e o turismo. Para iso, será prioritario para o BNG negociar coas administracións competentes, en particular coa Xunta, a construción do dique exterior en substitución do actual, como demanda o sector pesqueiro, o que tamén tería un efecto positivo sobre a praia, un dos principais atractivos turísticos do concello. Para actuar no curto prazo sobre o areal, o proxecto de goberno do Bloque propón retirar os montellóns das dunas da parte baixa do paseo marítimo, a máis próxima ao porto, que hoxe constitúe ademais un problema de seguridade porque a area termina por invadir o propio paseo marítimo.
De cara ao sector turístico, explicou Pose, o proxecto de goberno do Bloque inclúe a posta en marcha dun plan de excelencia turística para Laxe, apostando pola calidade nun sector que é clave para a economía local.

Propoñen ademais activar o punto de atención á infancia, hoxe inoperativo, “pero que é importante para axudar á conciliar ás familias”, de cara a asentar poboación. Igualmente, indicou Pose, “merecemos un Laxe moito máis participativo e asociativo, pero a día de hoxe non temos nin un regulamento de participación cidadá no Pleno e vai sendo hora que se asinen convenios coas asociacións culturais, deportivas e de comisións de festas para que teñan axuda do goberno local”.

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

MÁIS NOVAS DO BNG

Comentarios