Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe propón un regulamento de participación cidadá

SANIDADE_LAXE_PARLAMENTOG_3
Xose Manuel Pose Lema á dereita con Daniel Pérez e Ana Pontón no Parlamento Galego
O BNG de Laxe propón un regulamento de participación cidadá

Poucas propostas de participación cidadá na vida municipal atopamos este 2023 entre as candidaturas ás eleccións municipais de 2023. Unha delas chega do BNG de Laxe, que “quere un concello máis transparente e participativo no que os veciños e as veciñas sexan protagonistas da vida municipal”. E con ese obxectivo o candidato á Alcaldía, Xosé Manuel Pose, avanza que aprobará un regulamento de participación cidadá se resulta elixido alcalde tras o 28 de maio.

O candidato do BNG acusa ao PP de ignorar e mesmo confrontar co tecido asociativo e avanza que se goberna terá total colaboración coas asociacións .

Outras medidas para favorecer a participación: acordos con todas as asociacións veciñais, deportivas e culturais; consellos parroquiais e orzamentos participativos.

Comentarios