Martes. 30.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe propón solucións ao problema da suciedade

FOTO CANDIDATURA BNG LAXE 5
O BNG de Laxe propón solucións ao problema da suciedade

Unha das premisas electorais do BNG de Laxe é é acabar cunha das principais preocupacións dos veciños e das veciñas: “o estado de sucidade e de abandono no que se atopa o concello, tanto no caso urbano como nas parroquias, provocando un deterioro da imaxe do municipio que a veciñanza non se merece”. O candidato a Alcaldía, Xosé Manuel Pose, asegura que “será unha das prioridades do Bloque” de cara á seguinte lexislatura.

“En primeiro lugar, reforzar o servizo diario de limpeza do concello ao longo de todo o ano; en segundo lugar, compromiso de baldear as rúas cada tres meses para unha limpeza en profundidade do espazo público, tanto no casco urbano como en todas e cada unha das parroquia, porque hai lugares no concello que non viron unha limpeza en profundidade con auga nos últimos catro anos”, denunciou Pose e, como terceira medida, “lavado e desinfección mensual dos contedores, para evitar malos olores e por seguridade e hixiene”.
O BNG inclúe tamén unha cuarta proposta para manter coidado o concello: a renovación do mobiliario urbano deteriorado, “fundamental para acabar co aspecto de descuido e abandono que mostra o municipio a día de hoxe”.

NOVAS DAS ELECCIÓNS

NOVAS DO BNG

Comentarios