mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG pide que a Xunta abra en Laxe unha oficina para exprimir os fondos de pesca europeos

Visita institucional á Lonxa de Laxe
Imaxe dunha visita institucional á Lonxa de Laxe
O BNG pide que a Xunta abra en Laxe unha oficina para exprimir os fondos de pesca europeos

O BNG de Laxe buscará no vindeiro pleno ordinario do 28 de xullo un acordo plenario por unanimidade para que unha das oficinas que abrirá a Xunta de Galicia para exprimir ao máximo os fondos de pesca europeos teña a súa sede en Laxe.

O novo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) terá reprogramacións e daráselle máis a quén máis execute, segundo advertiu recentemente en Vigo o director xeral de Ordenación Pesqueira, Ignacio Gandarias, que tamén comentou que Galicia xa está preparando a maquinaria para exprimir ao máximo ese fondo estructural.

Do mesmo xeito a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Silvia Cortiñas, anunciou na segunda xornada da Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca, organizada pola Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) que a Xunta abrirá una oficina, con varias sedes nas principais localidades pesqueiras, para axudar aos operadores, sobre todo aos máis pequenos, a enfrentarse á tramitación administrativa —que se agarda e supónse que neste fondo será máis sinxela que no anterior— e prestará asistencia para elaborar o expediente, certificar e xustificar o gasto e demáis pasos que hai que dar para acceder a unha axuda comunitaria. Tamén terá o cometido de dar información, resolver dúbidas e de incentivar os proxectos naquelas liñas nas que en anteriores fondos houbo moi baixa execución.

Dada esta situación, o BNG local, considerando que “Laxe representa un peso máis que importante no sector pesqueiro da Costa da Morte”, pedirá ao pleno da Corporación Municipal o acordo por unanimidade para instar á Xunta de Galicia a que unha desas subsedes sexa instalada no Concello, instando tamén ao propio Concello e á Confraría a facilitar todo canto sexa posible.

Comentarios