Venres. 19.04.2024
El tiempo

Citas ambientais no Outono de Laxe

Citas ambientais no Outono de Laxe
A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe continúa co programa de actividades deste outono 2018. E é o aspecto medioambiental o que colle protagonismo, enfocado, desta volta á reciclaxe. Co obxectivo de promover esta práctica tan solidaria e necesaria, durante o venres 16 de novembro haberá unha carpa informativa no mercadillo da Praza dos Voluntarios. O mesmo día, pola tarde, ás 20:00 no Museo do Mar, falará Bruno de Llano, especialista en xestión local e autonómica de ECOEMBES (organización medioambiental sen ánimo de lucro, que promove a sostenibilidade e o coidado do medioambiente por medio da reciclaxe). Trae unha interesantísima charla sobre a natureza e as consecuencias que sobre ela exerce o lixo. A actividade é gratuita e non require inscrición previa. E para os que algunha vez se preguntaron como funcionan as prantas de tratamento de augas potables ou residuais, propoñemos unha visita guiada interesante e moi diferente. Consiste en visitar a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Vadalama e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da canteira. Será o sábado 17 ás 11 da mañá. As persoas interesadas deben presentarse na Casa do Concello ás 11. Desde alí farase unha saída en autobús, para a que non se require inscrición previa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-programa-de-outono-trae-varias-charlas-informativas-a-laxe/ https://quepasanacosta.gal/%EF%BF%BClaxe-convoca-a-todo-o-seu-tecido-comercial-para-vestirse-de-loito-contra-as-violencias-machistas/ https://quepasanacosta.gal/121561-2/

Comentarios