Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Colexio de Xeólogos propón o impulso do Plan Cultural Costa da Morte

Reunión entre o presidente do Colexio de Xeólogos, Manuel Regueiro, e o alcalde de Laxe, José Luis Pérez
Reunión entre o presidente do Colexio de Xeólogos, Manuel Regueiro, e o alcalde de Laxe, José Luis Pérez
O Colexio de Xeólogos propón o impulso do Plan Cultural Costa da Morte

O Colexio de Xeólogos está realizando unha serie de reunións polos Concellos da Comarca para impulsar o que chaman Plan Cultural da Costa da Morte. O presidente do Colexio e vicepresidente do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, Manuel Regueiro y González-Barros, reuníase onte co alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, para poñer en marcha un proxecto que complementaría ás actividades realizadas polas Administracións locais e organizacións culturais da comarca durante todo o ano.

”O principal obxectivo do proxecto é crear movemento e sinerxias entre as localidades e organizacións culturais da comarca para aproveitar as infraestruturas (salas de exposicións, salóns de actos ou museos) durante todo o ano, especialmente nos meses de menos turismo”, explican en clave de desestacionalización.

Analizando a situación da territorio, que cada ano recibe máis visitantes (segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística no mes de xullo achegáronse á zona 28.631 persoas fronte ás 24.499 do pasado ano no mesmo período), ambos responsables coincidiron na necesidade de atraer o turismo cultural durante os meses de outono e inverno.

Manuel Regueiro destacou que “o potencial paisaxístico e cultural da Costa da Morte é impresionante, sobre todo coa maxia do Camiño dos Faros, polo que é moi importante seguir ofrecendo servizos durante todo o ano para visibilizar máis a zona a través da coordinación e cooperación conxunta dos Concellos”. Ademais, recalcou o compromiso do Colexio de Xeólogos con todas as Administracións para impulsar e compartir “o proceso de creación de ideas de xeito gratuíto” e tendendo a man para reunir a todos os alcaldes e alcaldesas da comarca de cara a unha primeira toma de contacto e á actualización dun inventario de servizos.

Pérez Añón amosouse satisfeito coa proposta e sinalou a completa “disposición do Concello”.

Comentarios