O Concello de Laxe organiza un curso de iniciación á artesanía do coiro

11:24 19/09/22
O próximo 4 de outubro ponse en marcha un novo curso de iniciación á artesanía do coiro de nove meses de duración e que se levará a cabo no local social Valle Inclán de Laxe todos os martes de 19:00 a 22:00 horas.
O custo do obradoiro é de 37 euros ao mes, material non incluído, e está organizado por Corium Gallaecia en colaboración co Concello de Laxe. Con esta actividade preténdese que os persoas participantes aprendan a traballar este material creando produtos funcionais, duradeiros e únicos.
Máis información e inscricións no 696 604 367.