Convocada unha nova edición do Certame de Poesía Antón Zapata
Queda convocada a 18ª edición do certame de poesía Antón Zapata García. Un certame formulado para potenciar a creación poética na comarca e poñern en valor a figura do poeta laxense, e que ten como punto final o fermoso Solpor Poético que se celebra na tarde do 24 de agossto na praia dos Cristais, onde se coñecerá ao gañador ou gañadora.
No concurso poderá participar calquera persoa que así o desexe, podendo presentar un máximo de dous poemas na categoría que corresponda, que son tres: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (dos 12 aos 25 anos) e adulta (a partir de 26 anos).
As persoas interesadas poderán entregar os seus traballos a través de tres canles: de forma telemática a través da sede electrónica municipal, por correo postal (Avda. Cesáreo Pondal, 26, 15177 - Laxe) ou de maneira presencial no Rexistro das Oficinas Xerais do Concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas. A data límite é o 19 de agosto, e poden ver aquí as bases.
Haberá tres premios, un por cada categoría, que consistirán nun diploma de recoñecemento e un vale de 100 euros para compras en comercios e locais hostaleiros de Laxe.
Máis novas