Venres. 03.05.2024
El tiempo

Alexandra Alfaro, Lucía Senande e Francisco Javier Lema fixéronse cos premios do Certame de Poesía Antón Zapata

LAXE - SOLPOR POÉTICO
Alexandra Alfaro, Lucía Senande e Francisco Javier Lema fixéronse cos premios do Certame de Poesía Antón Zapata

Impediu o tempo realizar a XVII edición do Solpor Poético no máxico espazo da Praia dos Cristais. O evento trasladouse á igrexa de Santa Marta da Atalaia, incluíndo un fermoso concerto de Xoán Curiel, qu epresentou o novo disco ‘Treides conmigo!’.

A gran cita era a entrega de premios do XVII Certame de Poesía Antón Zapata. Os premios desta edición recaeron en Alexandra Alfaro, Lucía Senande e Francisco Javier Lema, nas categorías infantil, xuvenil e adulto, respectivamente.

Deste xeito, ‘Natureza’, o poema da nigranesa Alexandra Alfaro fíxose coa vitoria na categoría infantil, mentres que ‘Non quedará na túa memoria’, de Lucía Senande, veciña de Baio, fixo o propio na modalidade xuvenil. En adultos o triunfo recaeu no laxense Francisco Javier Lema e a súa creación ‘Conversa’.

LAXE - SOLPOR POÉTICO 2

Outro dos grandes atractivos da xornada foi a presentación do novo disco de Xoán Curiel, ‘Treides Conmigo!’, un traballo que combina xéneros como o folk e música popular galega e do cal a veciñanza puido gozar ‘in situ’ grazas á interpretación dalgunhas das pezas que o integran.

Comentarios