Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O máxico Solpor Poético da Praia dos Cristais serviu para coñecer os gañadores do Certame Antón Zapata

Solpor Poetico Laxe Praia Cristais 2022
O máxico Solpor Poético da Praia dos Cristais serviu para coñecer os gañadores do Certame Antón Zapata

Que fermosura de evento é o Solpor Poético de Laxe. A Praia dos Cristais acollía o pasado venres este máxico evento, que contou coa música de Iria Estévez e Gonzalo Piña cos seus ‘Camiños do fado’, un proxecto centrado na lusofonía (fado, cantiga galega ou morna) pero relacionado con música do Brasil, Cuba ou México.

A cita servía ademais para coñecer as obras gañadoras da 16ª edición do certame de poesía Antón Zapata. Houbo unha gañadora por categoría:

  • Infantil. ‘Fermoso lugar’, de Sofía Souto Pose (Cabana de Bergantiños).
  • Xuvenil. ‘O mar’, de Noé Souto Pose (Cabana de Bergantiños).
  • Adulta. ‘A mirada perdida’, de Fernando Pintos Recarey (Santa Comba).
SOlpor Poetico Laxe entrega premios Anton Zapata
Imaxe da entrega

A cita serviu ademais para facer entrega dos premios da edición correspondente ao ano 2021 ao cancelarse o Solpor Poético debido á pandemia da Covid-19.
Nesta ocasión foron dúas as persoas galardoadas. Na categoría infantil o premio foi para Grecia Helena Neira Varela (Ponteceso) e a súa obra ‘Plougastel’; mentres que na adulta Fernando Pintos Recarey (vencedor desta edición) logrou o primeiro posto con ‘San. Salva. Salvaxe’. A categoría xuvenil quedara deserta.

Comentarios