O Consello da Cultura Galega xa conta no seu arquivo dixital coa biografía de Antón Zapata
En QPC xa temos falado en innumerables ocasións del, da man de Miro Vilar. Pero sempre é importante que toda Galicia o coñeza, e dende esta semana xa podemos ver no Álbum de Galicia Arquivo do Consello da Cultura Galega unha completa entrada sobre o poeta laxés.
Ademais dunha completa biografía, dende o seu nacemento na parroquia de Santa María da Atalaia de Laxe o 26 de febreiro de 1886, o Arquivo repasa a súa vida independentista dende que aos 17 anos emigrara á Arxentina, pasando polos seus primeiros poemas publicados en 1913, no seu paso polos clubs ABC de Corcubión ou a Federación de Sociedades Gallegas, o seu compromiso coa terra tralo estoupido da guerra civil, a cantidade de eventos patrióticos nos que participa, ata o seu falecemento en Bos Aires en 1953.
O arquivo trae ademais numerosa documentación en forma de poemas, artigos ou mesmo a partida de nacemento, achegada polo propio Villar.
- Máis información: Antón Zapata no Arquivo do Consello da Cultura Galega.
Artigos relacionados
- Miro Villar (2021): O poeta laxés Antón Zapata García «prófugo» da xustiza española.
- Miro Villar (2021): Os poemas a Castelao do laxés Antón Zapata García e do muxián Xervasio Paz Lestón.
- Miro Villar (2019): Documentos para lembrarmos o 133 natalicio do poeta laxés Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- Miro Villar (2017): Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.