Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cristina Gil Rey renova como embaixadora do programa WIDS

Cristina Gil Rey de Milbrait
Cristina Gil Rey renova como embaixadora do programa WIDS
A tecnóloga Cristina Gil Rey, nada en Laxe 1997, e responsable da empresa de transformación dixital Milbrait, vén de renovar como embaixadora de Wids, programa da Universidade de Stanford para visibilizar a muller en ciencia de datos.

Así mesmo estará neste mes en novembro no Congreso Stem Women Congress Barcelona 2022 falando do acceso á tecnoloxía. O evento atópase estes días publicitado nos buses e no metro de Barcelona Stem Women Congress Barcelona 2022.

Falamos con ela:

  • Cal sería o balance deste ano?

Foi un ano moi bo que pasou moi rápido, impartindo moita formación e deseñando proxectos que me gustan moito.
O xoves 10 de novembro estarei nun encontro no CESGA da man de Spain AI, falando da intelixencia artificial, gústame moito falar en Galicia.

  • Sínteste cómoda no ecosistema tecnolóxico galego?

Moi cómoda, cada vez hai más empresas que ven a necesidade da aposta pola transformación dixital.
A min gústame traballar aquí, aínda que saio bastante fora a Madrid, Valencia, Barcelona… Un ecosistema que me gusta moito tamén é o de Portugal.

  • Que é o que máis lle preguntan nas conferencias?

Pregúntanme como mudei do mundo do Dereito á mundo tecnolóxico. Se ben eu fixen Dereito e incluso un máster niso e unha especialización en dereito farmacéutico non exerzo e o que me fai feliz e deseñar cousas de tecnoloxía para min os coñecementos de dereito parecenme transversais.

  • E segue a estudar?

Efectivamente sigo a formarme co MIT, Instituto Tecnolóxico de Massachussets, considero imprescindible para a miña actividade.
Tamén leo moito sobre cabalos e fago algún curso pero iso é polo vicio de aprender más sobre eles.

  • A nivel persoal ten algún soño agora mesmo que poida contar?

Teño un proxecto en mente que me enche de ilusión, crear un espazo para compartir vivencias para as persoas con pensamento neurodiverxente persoas con TEA, TDAH.. e as súas familias. Fai uns días estiven na Fundación Aenilce en Madrid ca cal colaboro, facemos un calendario solidario e unha das cousas que me trasladaban e que compartir as experiencias nun espazo axuda moito.

Novas relacionadas

Comentarios