Denegado o permiso de explotación mineira en Coéns gracias á mobilización da veciñanza

A veciñanza da Plataforma contra a mina de Coéns

A Xunta de Galicia anunciaba este venres a denegación do proxecto mineiro Don Sebastián, unha vez que Caolines de Vimianzo non presentaba a documentación ambiental necesara. Trátase dunha noticia moi importante para a veciñanza de Coéns, de Laxe e de toda a Costa da Morte, que leva meses mobilizándose na defensa do territorio.

Nese sentido, a Plataforma en Contra da Mina de Coéns reivindica o papel decisivo da veciñanza na denegación do proxecto mineiro Don Sebastián. "Queremos deixar claro que esta decisión é o resultado do traballo constante da veciñanza e da sociedade civil. Durante todo este tempo organizáronse reunións informativas, presentáronse alegacións, recolléronse centos de sinaturas, mantivéronse encontros con diferentes administracións e convocáronse actos públicos para informar e defender o futuro da nosa terra".

A Plataforma agradece tamén o apoio recibido por parte de asociacións, partidos politicos entidades e cidadáns que demostraron que a unión da sociedade é fundamental para defender o patrimonio natural, a saúde, a paisaxe e o futuro do rural.

"Esta resolución supón un paso importante, pero non o final do camiño·, avisan. "Seguiremos atentos á evolución dos expedientes mineiros que afectan ao noso territorio e continuaremos traballando coa mesma responsabilidade e determinación para garantir a protección de Coéns e da súa contorna". I é que como a veciñanza non se fía segue en pé a concentración do xoves 30 de xullo as 19:00h na Praza dos Voluntarios (diante do concello de Laxe)"

Máis novas do proceso