Detido un veciño de Laxe como presunto autor dun incendio en Traba
Nova detención dunha persoa presuntamente implicada nun incendio forestal. Desta volta o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Arteixo detivo a un home de Lxe como presunto autor dun delito de incendio forestal, acontecido o 26 de agosto na zona de Cabanela-Traba-Laxe.
Grazas á actuación cidadá, o incendio foi extinguido con moita rapidez, evitando un grave perigo tanto para as persoas como para os bens, dado que o lume comezou entre dúas vivendas, nun camiño forestal próximo a unha zona arbolada, con densa maleza na contorna.
Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil detivo a este home como presunto autor dun delito de incendio forestal. O detido, xunto coas actuacións practicadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Carballo en funcións.