Detido un veciño de Laxe como presunto autor dun incendio en Traba

garda civil recursos incendio
Detido un veciño de Laxe como presunto autor dun incendio en Traba

Nova detención dunha persoa presuntamente implicada nun incendio forestal. Desta volta o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Arteixo detivo a un home de Lxe como presunto autor dun delito de incendio forestal, acontecido o 26 de agosto na zona de Cabanela-Traba-Laxe.

Grazas á actuación cidadá, o incendio foi extinguido con moita rapidez, evitando un grave perigo tanto para as persoas como para os bens, dado que o lume comezou entre dúas vivendas, nun camiño forestal próximo a unha zona arbolada, con densa maleza na contorna.

Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil detivo a este home como presunto autor dun delito de incendio forestal. O detido, xunto coas actuacións practicadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Carballo en funcións.

Outras detencións relacionadas cos lumes

Comentarios