Detido un veciño de Mazaricos por provocar un incendio forestal en Zas facendo uns traballos agrícolas

Incendios Garda Civil
Detido un veciño de Mazaricos por provocar un incendio forestal en Zas facendo uns traballos agrícolas

Nova detención anunciada pola Garda Civil na comarca relacionada cos lumes. Neste caso, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Corcubión detivo a un home, un veciño de Mazaricos, como presunto autor dun incendio forestal acontecido o 6 de agosto na localidade de Prudenza, no concello de Zas. O incendio volveu producirse o 9 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas da zona.

Os axentes da Garda Civil determinaron que o lume nacera duns traballos agrícolas con maquinaria na leira onde os investigadores localizaran o punto de inicio do incendio.
Unha vez localizada a maquinaria utilizada para o incendio, realizaron unha inspección visual, confirmando que carecía de elementos de retención de faíscas esixidos pola lexislación vixente para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
Unha vez coñecida a identidade do presunto autor, a Garda Civil detívoo como presunto autor dun delito de incendio forestal por neglixencia grave.
O detido, xunto coas actuacións practicadas, foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia de Corcubión.

Máis detencións

 

Comentarios