Dez anos de cancións dende o mar en Laxe

A vila de Laxe acollerá este domingo, 31 de xullo de 2011, a décima edición do Certame da Canción Mariñeira. A cita será na praza Ramón Juega e dará comezo ás 19:30h. Trátase dunha cita, a de este ano, moi especial para Laxe, xa que celebran o décimo aniversario da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe. A cita enmárcase dentro da programación de verán do Concello. Segundo nos contan dende o consistorio laxense, “tal acontecemento contribúe a exaltar, a través da canción coral, os valores dos homes e mulleres do mar, sendo este un medio para homenaxear ás nosas xentes”. As corais que participan na cita deste ano, ademáis dos anfitrións da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, son a Coral Airiños de Quenxe de Corcubión, Ecos do Chamorro de Ferrol, a Coral de Malpica e a Coral Kyrios dende Porto (Portugal). Os laxenses poderán gozar tamén das voces do Coro Infantil da localidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Área de Turismo do Concello de Laxe, da man de María José Mato.