A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe acolle unha exposición solidaria
 
          
    09:25 15/07/11 
             
A Asociación de Minusválidos O Peñón, de Laxe, organiza dende este sábado 16 de xullo e ata o 21 de agosto, unha Exposición de Pintura Solidaria. Veronika Raatike expón as súas obras no local parroquial e o 50% das ventas irán directamente donadas para a propia asociación.
A exposición estará aberta de luns a venres de 18:00h a 20:00h e sábados e domingos de 18:00h a 20:30h.
Novas relacionadas
- Laxe propón un verán pirata en verso.
- Laxe acende o motor para a V Festa Motera.
- A Casa da Cultura de VImianzo acolle un conto fotográfico entre pedras e irmandiños.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          