Unha ollada ao cartel do Atalajazz
 
    09:28 28/07/11 
             A pasada semana viamos que este ano o Hot Club de Laxe rescataba o Atalajazz, despois dun ano no dique seco. Hoxe imos explicar un pouco quen son os membros que cubren o cartel.
A edición deste ano contará con Nani García Trío e Xacobe Martínez, cuns convidados 100% galegos. A cita desenvolverase no segundo mirador do paseo marítimo. Na edición deste ano homenaxearase a Javier Diego, pintor e saxofonista de recoñecido prestixio en toda a Costa da Morte, e que pasou a derradeira etapa da súa vida en Laxe. No Café A Ventana celebrarase unha exposición coa obra pictórica do artista, na que se verán reflectidas as distintas etapas da súa carreira.
Nani García Trío está formada por Nani García ao piano, Miguel Cabana á batería e Simón García ao contrabaixo. Nani García volta á primeira liña da escea musical contemporánea, recuperando o seu emblemático trío de jazz. Con novos músicos no repertorio pero mantendo a formación do piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis alá dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pezas como na execución instrumental. Simón García e Miguel Cabana tamén son dous Mestres nos seus respectivos instrumentos, con recoñecemento a nivel internacional.
En canto a Xacobe Martínez Antelo Trío, temos que salientar o execelente contrabaixista que é Martínez Antelo. É un inquedo músico como ten amosado en algún dos seus proxectos. Este trío, formado con Pablo Castaño ao saxo e Max Gómez á batería, toca dende hard-bop ata funk sen problemas nin prexuízos e cunha solvencia envexable. Aires de Coltrane, Henderson y otros grandes de la historia del jazz circulan entre las notas de algúns dos temas do disco homónimo que publicaron en 2009.
Xacobe aproveita que este proxecto é o máis persoal para demostrarnos tamén a súa valía como compositor en temas como “Lévame”, a balada “Angie”, “Planeta Teo” ou “Ladran os Ineptos”.
Esta edición do Atalajazz cerraráse cunha sesión especial de DJs a cargo de eventosOn. Logo de facer bailar á xente na Festa do Percebe de Corme, na Motofesta de Ponteceso, e cada vez en máis citas ineludibles da Costa da Morte, cambiarán de rexistro e encargaránse de poñer o broche a unha noite moi especial, con temas de jazz, soul e rock clásico, pasando por peticións dos estilos citados feitas polo público asistente.

Máis información
- Facebook do Hot Club de Laxe.
- Axenda Costa da Morte.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación.
- Os alumnos de Laxe reciben un premio no Festival de Cine de Ourense.
Novas relacionadas
- O Atalajazz de Laxe xa ten cartel.
- Laxe recupera o Atalajazz.
- Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009.
- Laxe propón un verán pirata en verso.
Fonte
- Nota de prensa do Hot Club de Laxe da man do seu presidente, Víctor Manuel García Pose.