Venres. 07.05.2021
El tiempo

O dúo Caamaño&Ameixeiras roda o seu novo videoclip en Laxe

DUo Caamano Ameixeiras en Laxe
O dúo Caamaño&Ameixeiras roda o seu novo videoclip en Laxe

Desexando ver xa o novo videoclip da parella de artistas máis emerxente e prometedora da Costa da Morte. Sabela Caamaño e Antía Ameixeras gravan estes días en Laxe o tema “Maneo de Cambre”, que conta coa colaboración da virtuosa cantante catalana Silvia Pérez Cruz, e será dirixido pola recentemente premiada co Mestre Mateo, Lucía Estévez. Un vídeo que sairá á luz o vindeiro 10 de maio.

O vídeo ten un elenco de luxo, protagonizado por Raquel Espada (Cuéntame) e Fran Martínez (bailarín en Pálido Domingo).

A peza deste videoclip formará parte do primeiro traballo discográfico do dúo Caamaño&Ameixeiras “Aire!” producido polo recoñecido músico Diego Galaz. Este disco verá a luz o 17 de maio, e presentarase no Festiletras (O Couto, Ponteceso) o mesmo día, e xa podedes reservar un exemplar na súa web.

Caamano-Ameixeras no Festiletras

comentarios